lunes, 16 de marzo de 2015

FXR1P, a proteína que potencia ou anula a memoria


Un equipo de investigadores do Departamento de Neuroloxía e Neurocirurxía da Universidade McGill, dirixido polo neurólogo Keith Murai, acaban de descubrir que a presenza dunha proteína chamada FXR1P ten o efecto de anular a produción de neuronas necesarias para almacenar novos recordos.
Según este estudo, cando esta proteína foi eliminada de forma selectiva en certas partes do cerebro dos cobaias, creáronse novas moléculas, que fortaleceron as conexións entre as neuronas relacionadas coa memoria e aumentaba a súa capacidade para almacenar información.

"Se podemos identificar os compostos que controlan a FXR1P, para reducila ou directamente eliminala, sería posible poder axustar a formación de memoria e a capacidade para a recuperación de información, mellorando así a calidade de vida das persoas que sofren dalgunhas enfermidades cerebrais," explicou Keith Murai.


domingo, 15 de marzo de 2015

Proxecto Morpheus

Trátase dun proxecto actualmente en desenvolvemento por científicos da NASA, o cal consta da investigación e as probas experimentais co Morpheus Lander.

É un prototipo de módulo de aterraxe planetaria capaz de despegar e aterrar en forma vertical (VTOL), co cal preténdese lograr un novo sistema propulsor de naves espaciais non tóxicas (capaz de propulsarse a base de metano e osíxeno), así como tamén unha aterraxe autónoma e o desenvolvemento dunha tecnoloxía de detección de perigos máis sofisticada.
Está deseñado para que sirva como banco de probas verticais para as tecnoloxías avanzadas en naves espaciais. Ademais, o vehículo ofrece unha útil plataforma para levar tecnoloxías do laboratorio nun sistema integrado de voo e á súa vez, minimizar os custos.

Isto permitiría numerosos avances respecto ás tecnoloxías individuais, que agora poderían incorporarse a misións de exploración humana, sendo de grande utilidade nas futuras viaxes espaciais.












viernes, 13 de marzo de 2015

Os beneficios do café

Comezar o día cunha taza de café é unha das mellores formas de facelo, e agora máis ca nunca grazas ao descubrimento dalgúns dos seus beneficios. Parabéns aos amantes do café!
Aqui vos deixo 5 dos seus beneficios, a ver se vos animades a tomalo os que non o facedes:

1. Mantennos alerta: 
    A cafeína é un dos seus compoñentes máis importantes, que fai ques e bloquée a adenosina e aumenten outras susbstancias como a dopamina e a norepinefrina, que acelera a actividade cerebral. Moitos estudos científicos demostran que axuda á memoria, ó tempo de reacción...Tamén nos mantén despertos mais tempo, esto pode provocar trastornos de sono, asique coidado! Os médicos non recomendan tomar máis de 4 tazas ó día.
2. Contra as enfermidades neurodexenerativas:

Diversos estudos demostran que os bebedores de café poderían ter un 65% menos de menos de probabilidades de padecer alzhéimer e entre un 32 e 60% de sufrir párkinson. A cafeína parece ser a responsable desto, xa que os bebedores de descafeinado non mostran estas vantaxes.



3. Axuda a queimar graxas:


A cafeína está presente en moitos dos suplementos alimenticios, que se supón que nos axudan a adelgazar.
É unha das poucas substancias naturales que nos axudan a queimar graxas. A única mala noticia é que estos efectos positivos da cafeína van diminuindo nos grandes bebedores.





4. Diminúe o risco de padecer diabetes:


Diversos estudos demostraron que a xente que consome café ten un risco de entre un 23 e un 50% menos de padecer diabetes.

O por que, ainda non está claro, pero o que si é seguro é que axuda a previr a enfermidade.




5. Combate a depresión:

Segundo un estudo realizado pola universidade de Harvard, o risco de padecer depresión diminúe cando aumentamos o consumo de café. 
De novo a cafeína é a responsable, xa que coa xente que toma descafeinado non se mostra ningunha mellora.

miércoles, 25 de febrero de 2015

Os animais son capaces de reconocerse nun espello?

Según Diana Reiss, psicóloga animal, recoñecerse nun espello non é unha tarea fácil xa que esixe moita información acerca de un mismo, os teus propios movementos e os do reflexo no espello. Por eso os bebés necesitan acadar entre os 18 e os 24 meses para chegar a recoñecerse neles.
Os cans, por exemplo, recoñecen a outros animais pero non a eles mesmos.Son moi intelixentes pero carecen do desenvolvemento cognitivo necesario para recoñecerse visualmente, sexa nun espello, nunha imaxe ou nun video. Ainda así hai animais que si son capaces de facelo como: delfíns, elefantes, urracas e algúns primates. Adoitan pasar por unha fase de desenvolvemento antes de chegar a facelo. Diana chámalle a <fase Groucho> , na que repiten varios movementos ata descubrir que o seu comportamento e o do reflexo están relacionados.

Por outra banda, esto de que algúns animais non sepan recoñecerse nun espello ten diferentes utilidades, algúns zoolóxicos úsano para aumentar o número de flamencos, que solo se reproducen cando a sua colonia ten certo tamaño; como non recoñencen o seu reflexo interprétano como se fose outro animal. No caso dos cabalos os espellos colocados de determinada forma poden axudalos a reducir a ansiedade.



viernes, 30 de enero de 2015

Vivimos no pasado dun universo paralelo?

Imaxinas que este universo fose como o reflexo doutro igual, coas mismas leis físicas, os seus planetas e galaxias? Claro que non sería igual ao noso, xa que cada un evolucionaría dunha forma dando lugar a universos diferentes.
Pois esto mesmo é o que intentan demostrar un grupo de científicos canadienses e británicos que opinan que o Big Bang non foi o principio do universo, e que poderíamos estar vivindo no pasado dun universo paralelo. Na revista Physical Review Letters foi publicada esta teoría, que sostén que cando se produxo o Big Bang formaronse duas galaxias e non unha, a segunda sería un reflexo da primeira e estas moveríanse en direccións opostas polo espacio.
A sua intención é responder as preguntas sobre a teoría da <frecha do tempo> formulada en 1927, que di que o tempo é simétrico e todo se move cara adiante. Pero outros creen que esta teoría xa non é tan certa se se aplica a gravidade.

lunes, 15 de diciembre de 2014

O almacén do medo

A amígdala é o lugar onde retemos as emocións como a rabia e o medo. O Centro para a Ciencia Neural de Nueva York, e o neurocientífico español Lorenzo Díaz-Mataix, identificárono como o mecanismo que transforma as malas experiencias en recordos imborrables.
Lorenzo estudou os cerebros de centos de ratas durante anos para observar as súas amígdalas, unha rexión cerebral do tamaño dunha améndoa; as persoas da comunidade científica chámanlle o almacén do medo, xa que presuntamente, aqui, gárdanse as vivenzas traumáticas sufridas ao longo da vida.
Unha muller estadounidense de 44 anos  coa amígdala danada por unha enfermidade xenética moi pouco común, era incapaz de sentir medo ante calquer situación: con películas de terror, rodeada de animais velenosos... incluso cando un yonqui  a ameazou con un coitelo na garganta.
"Duas células ou sistemas de células que están repetidamente activas ao mesmo tempo tenderán a converterse en asociadas, de maneiras que a actividade dunha facilitará a da outra" deixou escrito Hebb (psicólogo canadiense) no seu libro La organización de la conducta. Esto ven dicindo que as neuronas da amígdala do cerebro humano que se excitan electricamente tras un momento de medo ou pánico permanecen conectadas durante anos; ese sería o esqueleto dos recordos.





jueves, 11 de diciembre de 2014

Un pescozo de 5 metros

O día 9 deste mismo mes, foi encontrado un pescozo de tiranosaurio nos Pirineos, dise que viveu hai 68 millóns de anos. Medía nada máis e nada menos que 5 metros. A pesar da sua lonxitude e dos 2.500 kg que pesaba, os investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía Miguel Crusafont (ICP) e a Universidade de Zaragoza sacárono sen ningún percance grazas á momificación que lle fixeron ao fósil antes de extraelo.
Os restos incluen 7-8 vértebras da zona do pescozo e as primeiras costelas do tiranosaurio, polo que se deduce que o animal enteiro debía medir entre 15-20 metros de lonxitude.
No xacemento de Orcau-2 (moi cercano a zona onde se encontrou o pescozo) hai numerosas pegadas deste dinosaurio, polo que se pensa que este animal reinaba a zona no pasado.
Retroescavadora utlizada para sacar o fósil
A operación para extraelo durou casi 5 horas e requireu o uso dunha retroescavadora.
Según Bernat Vila, investigador da Universidade de Zaragoza: "Representa unha parte moi significativa dun esqueleto que nos pode aportar unha valiosa información sobre o tamaño e a bioloxía deste dinosaurio".




Exemplar de tiranosaurio