lunes, 15 de diciembre de 2014

O almacén do medo

A amígdala é o lugar onde retemos as emocións como a rabia e o medo. O Centro para a Ciencia Neural de Nueva York, e o neurocientífico español Lorenzo Díaz-Mataix, identificárono como o mecanismo que transforma as malas experiencias en recordos imborrables.
Lorenzo estudou os cerebros de centos de ratas durante anos para observar as súas amígdalas, unha rexión cerebral do tamaño dunha améndoa; as persoas da comunidade científica chámanlle o almacén do medo, xa que presuntamente, aqui, gárdanse as vivenzas traumáticas sufridas ao longo da vida.
Unha muller estadounidense de 44 anos  coa amígdala danada por unha enfermidade xenética moi pouco común, era incapaz de sentir medo ante calquer situación: con películas de terror, rodeada de animais velenosos... incluso cando un yonqui  a ameazou con un coitelo na garganta.
"Duas células ou sistemas de células que están repetidamente activas ao mesmo tempo tenderán a converterse en asociadas, de maneiras que a actividade dunha facilitará a da outra" deixou escrito Hebb (psicólogo canadiense) no seu libro La organización de la conducta. Esto ven dicindo que as neuronas da amígdala do cerebro humano que se excitan electricamente tras un momento de medo ou pánico permanecen conectadas durante anos; ese sería o esqueleto dos recordos.





jueves, 11 de diciembre de 2014

Un pescozo de 5 metros

O día 9 deste mismo mes, foi encontrado un pescozo de tiranosaurio nos Pirineos, dise que viveu hai 68 millóns de anos. Medía nada máis e nada menos que 5 metros. A pesar da sua lonxitude e dos 2.500 kg que pesaba, os investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía Miguel Crusafont (ICP) e a Universidade de Zaragoza sacárono sen ningún percance grazas á momificación que lle fixeron ao fósil antes de extraelo.
Os restos incluen 7-8 vértebras da zona do pescozo e as primeiras costelas do tiranosaurio, polo que se deduce que o animal enteiro debía medir entre 15-20 metros de lonxitude.
No xacemento de Orcau-2 (moi cercano a zona onde se encontrou o pescozo) hai numerosas pegadas deste dinosaurio, polo que se pensa que este animal reinaba a zona no pasado.
Retroescavadora utlizada para sacar o fósil
A operación para extraelo durou casi 5 horas e requireu o uso dunha retroescavadora.
Según Bernat Vila, investigador da Universidade de Zaragoza: "Representa unha parte moi significativa dun esqueleto que nos pode aportar unha valiosa información sobre o tamaño e a bioloxía deste dinosaurio".




Exemplar de tiranosaurio

martes, 25 de noviembre de 2014

Soñar

Que é?
A Real Academia Galega defíneo como: ver ou crer ver mentres se dorme (sucesos e imaxes irreais coma se fosen reais).

Coñecemos as súas funcións?
Algunhas delas son:

  • Reestablecer almacéns de enerxía celular.
  • Restaurar o sistema nervioso central e o resto dos tecidos.
  • Ten unha gran importancia nos procesos de aprendizaxe e memoria.
  • Neste estado trátanse asuntos emocionalmente reprimidos.


Curiosidades

  • Os pesadelos son fundados polas nosas preocupacións e ansiedades.
  • Os olores inflúen nos soños, se te encontras nun lugar con malos olores o teu soño volverase igual de desagradable, pero se é ao contrario, serán máis reconfortantes e cálidos.
  • Algúns científicos afirman que todos soñamos en cores, pero esquecemos esa parte dos soños ao despertar.
  • As persoas que despertan moitas veces de noite recordan mellor os soños. Esto é debido a que cando un está dormido un soño sucédese detrás de outro e cacabamos por esquecelos e quedar solo con algunha sensación; pero se despertamos cortamos esa especie de ciclo, fixamos o último soño que tivemos (ou que estábamos tendo).

Se este tema che apasiona tanto como a min, aqui che deixo un par de enlaces para que profundices ao teu gusto sobre o tema:





martes, 4 de noviembre de 2014

Os universos paralelos, realmente existen?

É unha hipótese física que mantén que non só existiría o noso universo se non que habería varias relidades independentes que coexisten ao mesmo tempo pero en planos diferentes.Hai quen sostén que son simples variacións da nosa dimensión.

Esta teoría non é nova, veu a luz en 1950 proposta por Hugh Everett pero foi descartada pola maioría dos científicos. Tamén Einstein e Rosen (un colega seu da universidade) entraron neste tema cando presentaron a idea de que os buracos negros conectan uns universos con outros como se fosen un atallo no tempo e no espazo.
Actualmente académicos da Universidade de Griffith (Australia) non so creen no multiverso se non que ademais sosteñen que interactuan entre eles. Un artigo da revista Physical Review X publicado pola Universidade de California explica que en lugar de evolucionar de forma independente, estos mundos influen entre si por unha pequena forza.






lunes, 27 de octubre de 2014

Benvidos

Este blog foi creado para a asignatura de ciencias do mundo contemporáneo, e nel irei publicando artigos relacionados coa ciencia, como podedes adiviñar polo título.
Intentarei que sexan o máis interesante posible, para así poder cambiar ( ou intentar cambiar ) a perspectiva da xente que non ten interese sobre ela.

Un saúdo!