lunes, 15 de diciembre de 2014

O almacén do medo

A amígdala é o lugar onde retemos as emocións como a rabia e o medo. O Centro para a Ciencia Neural de Nueva York, e o neurocientífico español Lorenzo Díaz-Mataix, identificárono como o mecanismo que transforma as malas experiencias en recordos imborrables.
Lorenzo estudou os cerebros de centos de ratas durante anos para observar as súas amígdalas, unha rexión cerebral do tamaño dunha améndoa; as persoas da comunidade científica chámanlle o almacén do medo, xa que presuntamente, aqui, gárdanse as vivenzas traumáticas sufridas ao longo da vida.
Unha muller estadounidense de 44 anos  coa amígdala danada por unha enfermidade xenética moi pouco común, era incapaz de sentir medo ante calquer situación: con películas de terror, rodeada de animais velenosos... incluso cando un yonqui  a ameazou con un coitelo na garganta.
"Duas células ou sistemas de células que están repetidamente activas ao mesmo tempo tenderán a converterse en asociadas, de maneiras que a actividade dunha facilitará a da outra" deixou escrito Hebb (psicólogo canadiense) no seu libro La organización de la conducta. Esto ven dicindo que as neuronas da amígdala do cerebro humano que se excitan electricamente tras un momento de medo ou pánico permanecen conectadas durante anos; ese sería o esqueleto dos recordos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario