martes, 2 de junio de 2015

O gusano inmortal


As planarias (da clase das Turbellaria) son uns vermes que se poden encontrar en auga doce, nos mares e en terreos húmidos. Pola súa incrible capacidade de rexenerarse, o naturalista escocés John Dalyell definiunas como ese "verme inmortal baixo a folla dun coitelo" a comezos do século XIX.
Detrás desta capacidade de rexeneración pode estar o feito de que polo menos o 25% do seu tecido celular está formado por células nai. Pero a pesar de moitos dos experimentos que se lles fixo, os científicos seguen sen un modelo claro de como se rexeneran.

"O noso sistema descubriu o primeiro conxunto de normas, unha rede, que cando cada célula segue esas normas, os resultados son exactamente iguais aos publicados na literatura científica", di o director do Centro de Bioloxía Rexenerativa e do Desenvolvemento da Universidade Tufts (EUA), Michael Levin. "Pode explicar por que as distintas partes do verme toman a correcta identidade cabeza/cola e mostra por que os diversos experimentos previamente publicados teñen os resultados que teñen", engade.

O sorprendente é que foi un sistema de intelixencia artificial. Deseñaron un algoritmo matemático que alimentaron co que se sabe das planarias: xenética, expresión dos xenes, patróns de división celular...

Creamos unha base de datos con máis dun centenar de experimentos sobre a rexeneración das planarias", explica Lobo, principal autor do estudo publicado en PLoS Computational Biology. "Para esta investigación, seleccionamos os máis importantes, incluíndo manipulacións cirúrxicas, xenéticas e farmacolóxicas da rexeneración da cola e a cabeza nas planarias, 16 experimentos en total. Hai que ter en conta que ningún modelo previo podía explicar máis dun ou dous experimentos á vez. Aquí, mostramos por primeira vez un modelo que pode explicalos case todos", engade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario