jueves, 11 de diciembre de 2014

Un pescozo de 5 metros

O día 9 deste mismo mes, foi encontrado un pescozo de tiranosaurio nos Pirineos, dise que viveu hai 68 millóns de anos. Medía nada máis e nada menos que 5 metros. A pesar da sua lonxitude e dos 2.500 kg que pesaba, os investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía Miguel Crusafont (ICP) e a Universidade de Zaragoza sacárono sen ningún percance grazas á momificación que lle fixeron ao fósil antes de extraelo.
Os restos incluen 7-8 vértebras da zona do pescozo e as primeiras costelas do tiranosaurio, polo que se deduce que o animal enteiro debía medir entre 15-20 metros de lonxitude.
No xacemento de Orcau-2 (moi cercano a zona onde se encontrou o pescozo) hai numerosas pegadas deste dinosaurio, polo que se pensa que este animal reinaba a zona no pasado.
Retroescavadora utlizada para sacar o fósil
A operación para extraelo durou casi 5 horas e requireu o uso dunha retroescavadora.
Según Bernat Vila, investigador da Universidade de Zaragoza: "Representa unha parte moi significativa dun esqueleto que nos pode aportar unha valiosa información sobre o tamaño e a bioloxía deste dinosaurio".




Exemplar de tiranosaurio

No hay comentarios:

Publicar un comentario