jueves, 28 de mayo de 2015

Un novo Triceratops

Os ceratópsidos son dinosauros con cornos, entre os que se encontra o famoso Triceratops, cuxa diversidade, tanto en especies coma na forma dos seus cranios, se incrementa continuamente.
Divídense en dous grupos que conteñen dinosauros cunha variación nas estruturas de ornamentación dos seus cranios. Os grupos son:
  • Centrosaurinos: posúen un gran corno nasal na parte anterior do cranio e estruturas óseas pegadas ao bordo posterior da súa coiraza cranial.
  • Casmosaurinos: teñen máis grande o par de cornos situados tras os ollos e unha coiraza cranial alongada (como o Triceratops).














Este esquema acábao de trastornar o estudo dun cranio case completo, de máis dun metro e medio de lonxitude, encontrado a uns 160 km ao sur de Calgary (Alberta, Canadá) en sedimentos dunha antigüidade en torno a 68 millóns de anos (Cretácico Superior).
O corno anterior ou nasal está moi ben desenvolvido (é o máis grande do seu grupo o dos Triceratopsini con relación ao tamaño do cranio), mentres que os cornos postorbitais son pequenos (os menores dentro do seu grupo); ademais o bordo posterior está festonado por numerosas placas óseas que contribúen a dotar dunha maior envergadura á coiraza cranial. É dicir, este exemplar decasmosaurino mostra os trazos propios dos cranios do outro grupo de ceratópsidos, o dos centrosaurinos.
Os investigadores Caleb M. Brown e Donald M. Henderson (Royal Tyrrell Museum of Palaeontology, Drumheller) déronlle o nome de Regaliceratops, que quere decir: cara con cornos regios.

lunes, 25 de mayo de 2015

Comezarán co selado dos tanques do pesqueiro ruso a próxima semana

O buque "Oleg Naydenov" fundeuse a 27km de profundidade ao sur de Gran Canaria, a mediados da semana que ven unha embarcación con dous robots submarinos traballará con el.O enxeñeiro Gerardo Miranda afirma que é unha operación moi complicada, xa que non se sabe nin o coste nin o tempo que tardará en completarse o selado.Pola súa banda, o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda do Ministerio de Fomento, Julio Gómez-Pomar, asegurou que se vai empezar a limpeza da cala de Los Secos, a única zona da costa onde quedan restos da vertedura.

viernes, 24 de abril de 2015

Prohibir os coches máis contaminantes



A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que unha de cada oito mortes que se produciu no mundo en 2012 estivo causada pola contaminación atmosférica, principalmente pola alta concentración de partículas en suspensión no aire.Por este motivo, sete institucións científicas europeas recomendaron á Comisión Europea e a diversas Administracións estatais e rexionais do sur do continente que creen zonas de baixa emisión nas que se prohiba a circulación de vehículos vellos que funcionan con gasóleo e "favorecer" a entrada de coches eléctricos.As recomendacións dos científicos son o resultado do proxecto AiruseLife+, nel estudouse a orixe e a efectividade das medidas para reducir a polución deste contaminante, que é causante de enfermidades respiratorias, infartos de miocardio e varios tipos de cancro. Na súa lista de 70 riscos para a saúde, a OMS sitúa á contaminación como a novena, e a primeira causa ambiental.


martes, 17 de marzo de 2015

Os bebés que conviven con mascotas desenvolven menos alerxias e enferman menos



Se o animal está baixo o mesmo teito que o neno mentras é un bebé, este, terá menos probabilidades de desenvolver alerxias a ditos animais.
Un estudo comprobou que nenos que viviron nun fogar con gatos tiñan a metade de probabilidades de terlle alerxia nun futuro.

Os investigadores sospeitan que a exposición a alérxenos de mascotas e a bacterias relacionadas con estas a unha idade temperá provocan que se fortaleza o sistema inmunitario.



Por outra banda os pequenos que crecen nunha casa cun can polo menos seis horas ao día teñen menor tendencia de enfermar por afeccións respiratorias e infeccións de oído.

Un proxecto da Universidade de Kuopio, en Finlandia, estudou os diarios do estado de saúde de case 400 nenos e apuntan a que a presenza de cans é beneficiosa para eles, polo menos nos seus primeiros doce meses de vida (coma no caso anterior).Estes nenos sofren un 30% menos de enfermidades respiratorias como catarros, tose e rinite. Ademais, as infeccións de oído nos bebés con mascota redúcense nun 50%.




lunes, 16 de marzo de 2015

FXR1P, a proteína que potencia ou anula a memoria


Un equipo de investigadores do Departamento de Neuroloxía e Neurocirurxía da Universidade McGill, dirixido polo neurólogo Keith Murai, acaban de descubrir que a presenza dunha proteína chamada FXR1P ten o efecto de anular a produción de neuronas necesarias para almacenar novos recordos.
Según este estudo, cando esta proteína foi eliminada de forma selectiva en certas partes do cerebro dos cobaias, creáronse novas moléculas, que fortaleceron as conexións entre as neuronas relacionadas coa memoria e aumentaba a súa capacidade para almacenar información.

"Se podemos identificar os compostos que controlan a FXR1P, para reducila ou directamente eliminala, sería posible poder axustar a formación de memoria e a capacidade para a recuperación de información, mellorando así a calidade de vida das persoas que sofren dalgunhas enfermidades cerebrais," explicou Keith Murai.


domingo, 15 de marzo de 2015

Proxecto Morpheus

Trátase dun proxecto actualmente en desenvolvemento por científicos da NASA, o cal consta da investigación e as probas experimentais co Morpheus Lander.

É un prototipo de módulo de aterraxe planetaria capaz de despegar e aterrar en forma vertical (VTOL), co cal preténdese lograr un novo sistema propulsor de naves espaciais non tóxicas (capaz de propulsarse a base de metano e osíxeno), así como tamén unha aterraxe autónoma e o desenvolvemento dunha tecnoloxía de detección de perigos máis sofisticada.
Está deseñado para que sirva como banco de probas verticais para as tecnoloxías avanzadas en naves espaciais. Ademais, o vehículo ofrece unha útil plataforma para levar tecnoloxías do laboratorio nun sistema integrado de voo e á súa vez, minimizar os custos.

Isto permitiría numerosos avances respecto ás tecnoloxías individuais, que agora poderían incorporarse a misións de exploración humana, sendo de grande utilidade nas futuras viaxes espaciais.












viernes, 13 de marzo de 2015

Os beneficios do café

Comezar o día cunha taza de café é unha das mellores formas de facelo, e agora máis ca nunca grazas ao descubrimento dalgúns dos seus beneficios. Parabéns aos amantes do café!
Aqui vos deixo 5 dos seus beneficios, a ver se vos animades a tomalo os que non o facedes:

1. Mantennos alerta: 
    A cafeína é un dos seus compoñentes máis importantes, que fai ques e bloquée a adenosina e aumenten outras susbstancias como a dopamina e a norepinefrina, que acelera a actividade cerebral. Moitos estudos científicos demostran que axuda á memoria, ó tempo de reacción...Tamén nos mantén despertos mais tempo, esto pode provocar trastornos de sono, asique coidado! Os médicos non recomendan tomar máis de 4 tazas ó día.
2. Contra as enfermidades neurodexenerativas:

Diversos estudos demostran que os bebedores de café poderían ter un 65% menos de menos de probabilidades de padecer alzhéimer e entre un 32 e 60% de sufrir párkinson. A cafeína parece ser a responsable desto, xa que os bebedores de descafeinado non mostran estas vantaxes.



3. Axuda a queimar graxas:


A cafeína está presente en moitos dos suplementos alimenticios, que se supón que nos axudan a adelgazar.
É unha das poucas substancias naturales que nos axudan a queimar graxas. A única mala noticia é que estos efectos positivos da cafeína van diminuindo nos grandes bebedores.





4. Diminúe o risco de padecer diabetes:


Diversos estudos demostraron que a xente que consome café ten un risco de entre un 23 e un 50% menos de padecer diabetes.

O por que, ainda non está claro, pero o que si é seguro é que axuda a previr a enfermidade.




5. Combate a depresión:

Segundo un estudo realizado pola universidade de Harvard, o risco de padecer depresión diminúe cando aumentamos o consumo de café. 
De novo a cafeína é a responsable, xa que coa xente que toma descafeinado non se mostra ningunha mellora.