martes, 4 de noviembre de 2014

Os universos paralelos, realmente existen?

É unha hipótese física que mantén que non só existiría o noso universo se non que habería varias relidades independentes que coexisten ao mesmo tempo pero en planos diferentes.Hai quen sostén que son simples variacións da nosa dimensión.

Esta teoría non é nova, veu a luz en 1950 proposta por Hugh Everett pero foi descartada pola maioría dos científicos. Tamén Einstein e Rosen (un colega seu da universidade) entraron neste tema cando presentaron a idea de que os buracos negros conectan uns universos con outros como se fosen un atallo no tempo e no espazo.
Actualmente académicos da Universidade de Griffith (Australia) non so creen no multiverso se non que ademais sosteñen que interactuan entre eles. Un artigo da revista Physical Review X publicado pola Universidade de California explica que en lugar de evolucionar de forma independente, estos mundos influen entre si por unha pequena forza.






1 comentario: