viernes, 24 de abril de 2015
Prohibir os coches máis contaminantes
A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que unha de cada oito mortes que se produciu no mundo en 2012 estivo causada pola contaminación atmosférica, principalmente pola alta concentración de partículas en suspensión no aire.Por este motivo, sete institucións científicas europeas recomendaron á Comisión Europea e a diversas Administracións estatais e rexionais do sur do continente que creen zonas de baixa emisión nas que se prohiba a circulación de vehículos vellos que funcionan con gasóleo e "favorecer" a entrada de coches eléctricos.As recomendacións dos científicos son o resultado do proxecto AiruseLife+, nel estudouse a orixe e a efectividade das medidas para reducir a polución deste contaminante, que é causante de enfermidades respiratorias, infartos de miocardio e varios tipos de cancro. Na súa lista de 70 riscos para a saúde, a OMS sitúa á contaminación como a novena, e a primeira causa ambiental.
martes, 17 de marzo de 2015
Os bebés que conviven con mascotas desenvolven menos alerxias e enferman menos
Se o animal está baixo o mesmo teito que o neno mentras é un bebé, este, terá menos probabilidades de desenvolver alerxias a ditos animais.
Un estudo comprobou que nenos que viviron nun fogar con gatos tiñan a metade de probabilidades de terlle alerxia nun futuro.
Os investigadores sospeitan que a exposición a alérxenos de mascotas e a bacterias relacionadas con estas a unha idade temperá provocan que se fortaleza o sistema inmunitario.
Por outra banda os pequenos que crecen nunha casa cun can polo menos seis horas ao día teñen menor tendencia de enfermar por afeccións respiratorias e infeccións de oído.
Un proxecto da Universidade de Kuopio, en Finlandia, estudou os diarios do estado de saúde de case 400 nenos e apuntan a que a presenza de cans é beneficiosa para eles, polo menos nos seus primeiros doce meses de vida (coma no caso anterior).Estes nenos sofren un 30% menos de enfermidades respiratorias como catarros, tose e rinite. Ademais, as infeccións de oído nos bebés con mascota redúcense nun 50%.
lunes, 16 de marzo de 2015
FXR1P, a proteína que potencia ou anula a memoria
Según este estudo, cando esta proteína foi eliminada de forma selectiva en certas partes do cerebro dos cobaias, creáronse novas moléculas, que fortaleceron as conexións entre as neuronas relacionadas coa memoria e aumentaba a súa capacidade para almacenar información.
"Se podemos identificar os compostos que controlan a FXR1P, para reducila ou directamente eliminala, sería posible poder axustar a formación de memoria e a capacidade para a recuperación de información, mellorando así a calidade de vida das persoas que sofren dalgunhas enfermidades cerebrais," explicou Keith Murai.
domingo, 15 de marzo de 2015
Proxecto Morpheus
Trátase dun proxecto actualmente en desenvolvemento por científicos da NASA, o cal consta da investigación e as probas experimentais co Morpheus Lander.
É un prototipo de módulo de aterraxe planetaria capaz de despegar e aterrar en forma vertical (VTOL), co cal preténdese lograr un novo sistema propulsor de naves espaciais non tóxicas (capaz de propulsarse a base de metano e osíxeno), así como tamén unha aterraxe autónoma e o desenvolvemento dunha tecnoloxía de detección de perigos máis sofisticada.
Está deseñado para que sirva como banco de probas verticais para as tecnoloxías avanzadas en naves espaciais. Ademais, o vehículo ofrece unha útil plataforma para levar tecnoloxías do laboratorio nun sistema integrado de voo e á súa vez, minimizar os custos.
Isto permitiría numerosos avances respecto ás tecnoloxías individuais, que agora poderían incorporarse a misións de exploración humana, sendo de grande utilidade nas futuras viaxes espaciais.

viernes, 13 de marzo de 2015
Os beneficios do café
Comezar o día cunha taza de café é unha das mellores formas de facelo, e agora máis ca nunca grazas ao descubrimento dalgúns dos seus beneficios. Parabéns aos amantes do café!
Aqui vos deixo 5 dos seus beneficios, a ver se vos animades a tomalo os que non o facedes:
A cafeína é un dos seus compoñentes máis importantes, que fai ques e bloquée a adenosina e aumenten outras susbstancias como a dopamina e a norepinefrina, que acelera a actividade cerebral. Moitos estudos científicos demostran que axuda á memoria, ó tempo de reacción...Tamén nos mantén despertos mais tempo, esto pode provocar trastornos de sono, asique coidado! Os médicos non recomendan tomar máis de 4 tazas ó día.
Diversos estudos demostran que os bebedores de café poderían ter un 65% menos de menos de probabilidades de padecer alzhéimer e entre un 32 e 60% de sufrir párkinson. A cafeína parece ser a responsable desto, xa que os bebedores de descafeinado non mostran estas vantaxes.
3. Axuda a queimar graxas:
4. Diminúe o risco de padecer diabetes:

5. Combate a depresión:
A cafeína está presente en moitos dos suplementos alimenticios, que se supón que nos axudan a adelgazar.
É unha das poucas substancias naturales que nos axudan a queimar graxas. A única mala noticia é que estos efectos positivos da cafeína van diminuindo nos grandes bebedores.
4. Diminúe o risco de padecer diabetes:
Diversos estudos demostraron que a xente que consome café ten un risco de entre un 23 e un 50% menos de padecer diabetes.
O por que, ainda non está claro, pero o que si é seguro é que axuda a previr a enfermidade.
5. Combate a depresión:
Segundo un estudo realizado pola universidade de Harvard, o risco de padecer depresión diminúe cando aumentamos o consumo de café.
De novo a cafeína é a responsable, xa que coa xente que toma descafeinado non se mostra ningunha mellora.
miércoles, 25 de febrero de 2015
Os animais son capaces de reconocerse nun espello?
Según Diana Reiss, psicóloga animal, recoñecerse nun espello non é unha tarea fácil xa que esixe moita información acerca de un mismo, os teus propios movementos e os do reflexo no espello. Por eso os bebés necesitan acadar entre os 18 e os 24 meses para chegar a recoñecerse neles.
Os cans, por exemplo, recoñecen a outros animais pero non a eles mesmos.Son moi intelixentes pero carecen do desenvolvemento cognitivo necesario para recoñecerse visualmente, sexa nun espello, nunha imaxe ou nun video. Ainda así hai animais que si son capaces de facelo como: delfíns, elefantes, urracas e algúns primates. Adoitan pasar por unha fase de desenvolvemento antes de chegar a facelo. Diana chámalle a <fase Groucho> , na que repiten varios movementos ata descubrir que o seu comportamento e o do reflexo están relacionados.
Por outra banda, esto de que algúns animais non sepan recoñecerse nun espello ten diferentes utilidades, algúns zoolóxicos úsano para aumentar o número de flamencos, que solo se reproducen cando a sua colonia ten certo tamaño; como non recoñencen o seu reflexo interprétano como se fose outro animal. No caso dos cabalos os espellos colocados de determinada forma poden axudalos a reducir a ansiedade.
viernes, 30 de enero de 2015
Vivimos no pasado dun universo paralelo?
Imaxinas que este universo fose como o reflexo doutro igual, coas mismas leis físicas, os seus planetas e galaxias? Claro que non sería igual ao noso, xa que cada un evolucionaría dunha forma dando lugar a universos diferentes.
Pois esto mesmo é o que intentan demostrar un grupo de científicos canadienses e británicos que opinan que o Big Bang non foi o principio do universo, e que poderíamos estar vivindo no pasado dun universo paralelo. Na revista Physical Review Letters foi publicada esta teoría, que sostén que cando se produxo o Big Bang formaronse duas galaxias e non unha, a segunda sería un reflexo da primeira e estas moveríanse en direccións opostas polo espacio.
A sua intención é responder as preguntas sobre a teoría da <frecha do tempo> formulada en 1927, que di que o tempo é simétrico e todo se move cara adiante. Pero outros creen que esta teoría xa non é tan certa se se aplica a gravidade.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)