miércoles, 10 de junio de 2015

A importancia de dormir ben

Descansar influe directamente na nosa saúde de maneira positiva ou negativa. Todos en algún momento tivemos trastornos de sono, hai algúns máis eviodentes como non dormin en toda a noite, e outros menos, con despertar tres veces durante a fase REM é suficiente pra que non descansesmos ben de todo.
O que denominamos sono é a suma de diferentes fases, de entre 90 e 120 minutos, que se repiten ao longo da noite, e que, en conxunto, duran sete ou oito horas en adultos, como definen dende a Sociedade Española do Sono (SES). Cando non completamos esas fases de forma axeitada aparecen as malas sensacións. Os desagradables efectos de non descansar ben son os seguintes:
  1. Torpeza e desmemoria: a falta de sono reduce a axilidade mental, durmir unha hora menos do que necesitamos pode chegar a alterar un 10% a capacidade de concentración. E esta consecuencia é acumulativa. Por iso notamos máis a falta de sono os últimos días da semana.
  2. Agria o carácter: se o levamos aos extremos desemboca en problemas de comportamento, ansiedade, depresión e trastornos que poden derivar en cadros psiquiátricos.
  3. Engorda: en moitos casos dormir mal implica comer mal, incluso un estudo da Universidade de Winconsin (EE. UU.), en 2010, determinou que a falta de sono limita a perda de graxa.
  4. Afe a nosa pel: durante a fase de sono profundo fabrícase a hormona do crecemento, responsable da rexeneración da pel, por iso as persoas que dormen pouco ou mal teñen olleiras. Iso no mellor dos casos. Unha falta de descanso prolongada no tempo orixina alteracións cutáneas máis serias como dermatitis atópica, dermatitis seborreica e favorece que algúns tipos de tumores cutáneos progresen rápidamente.
  5. Contribúe ao párkinson: a ausencia da fase de sono lento, profundo (fase REM), implica non poder eliminar algunhas substancias tóxicas que, acumuladas, poden estar na orixe de trastornos neurolóxicos.
  6. Altera o sistema cardiovascular: o insomnio persistente provoca cambios no sistema que regula as nosas defensas. Algúns destes cambios xorden a longo prazo, e poden contribuír ao desenvolvemento de enfermidades cardiovasculares e diabete do tipo 2.

No hay comentarios:

Publicar un comentario